Nacemento:
Morte:
Tiña 8 anos. Veciña dos Casás, San Vicente de Meá, Mugardos (A Coruña). O seu pai, Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán morreron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns Josefa Gallego Abeledo, Clementina Gallego Abeledo e Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, coñecidos como os Buzos, incorporáronse á guerrilla.
Fuxida. Exiliada.
Comezou colaborando cos fuxidos. Cando a presión foi maior integrouse coa súa irmá Josefa, en outubro de 1948, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), na que exercería de comisaria política do Destacamento Enrique Líster.
Marita sería das guerrilleiras que fixeron noites na Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), na casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia e gran apoio para os guerrilleiros. Como tiña menos mobilidade alí pasou moito tempo, como Antonio Castro López, Tucho, que padecía do corazón, e con Marcos Paradela Barros, o Coxo de Paradela.
Compañeira sentimental de Francisco Rey Balbís, Moncho, desde 1947.
No Destacamento Enrique Líster estiveron: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José-María Díaz Pan, Jaime; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina; Francisco Rey Balbís, Moncho, e Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias.
Pasou tempo agochada no refuxio de San Martiño de Goente, As Pontes de García Rodríguez, coa súa irmá Josefa Gallego Abeledo e outros compañeiros da guerrilla.
Pasou os Pireneos cara Francia en maio de 1951 con Francisco Rey Balbís.
No ano 1951 volveu a Galicia coa consigna de levar a Francisco Martínez Leira, Pancho, a Francia, pero Pancho negouse. Moitas outras veces internouse disfrazada en España con algunha misión do partido. O día 18/08/1955 naceu a súa filla Lina. Traballou para a UNESCO.
Finou en Francia dun cancro, aos 34 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.