Nacemento:
Morte:
Mergullador e socialista, 42 anos. Casado con María-Francisca Abeledo Lourido; tiveron tres fillas e catro fillos: Clementina, Josefa, Manolo, Juan, Avelino, María dos Remedios e Guillermo. Veciños dos Casás, San Vicente de Meá, Mugardos. Pai de Clementina Gallego Abeledo (1917-2003), Josefa Gallego Abeledo (1919-2005), María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, (1928-1962) e Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante. Irmán de Antonio Gallego Durán, tamén paseado e de Manuel-Avelino Gallego Durán, procesado.
Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e logo de Esquerda Republicana (ER).
Paseado.
Manuel formou parte do Comité de Defensa da República en Mugardos, co seu irmán Antonio, entre outras persoas. Cando asasinaron ao alcalde Juan Prieto Balsa, o Escacho, os dous irmáns marcharon para Santa María de Doroña, Vilarmaior (A Coruña). Os falanxistas conseguiron prendelos e condenáronos, sen causa previa, por simpatizar con ER.
Morte rexistrada en Mugardos por mor de disparos feitos pola forza pública franquista seica por tratar de fuxir.
O suceso produciuse ás 02:00 h e o seu cadáver apareceu no lugar da Igrexa. Con el asasinaron ao seu irmán Antonio Gallego Durán.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.