Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 18 anos. Solteira. Veciña dos Casás. Ao seu pai Manuel Gallego Durán e ao seu tío Antonio Gallego Durán paseáronos os franquistas en 1936. Irmá de Josefa Gallego Abeledo, María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, e Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante. Da familia dos Buzos, que colaboraron coa castigada familia Freire Barcia, da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Militante do PCE.
Encarcerada.
Colaborou como enlace da guerrilla antifranquista.
Detida en distintas datas por colaboración. A súa irmá María chegou a ser comisaria política dun destacamento da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
A Clementina prendérona en Irurzun (Navarra) con Juan-José Romero Ramos (entón o seu compañeiro sentimental) cando conducían un camión de chatarra no que agochaban armas para Galicia e que procedía de Francia; aprendéronlles dous subfusís, oito metralladoras, dúas pistolas e 2000 cartuchos. Arestáronos e trasladáronos á Coruña.
Xulgada con varios compañeiros, entre eles José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, detido o día 11/10/1948, pola información obtida despois dunha celada da Garda Civil no Bar Barlovento da Coruña o día 10/10/1948, cando prenderan a Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge, quen se reunía, enganado, co xefe do servizo de información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, Eduardo Alfonso Cruz.
Compañeira sentimental de Marcos Paradela Barros, o Coxo de Paradela.
Xulgada o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez. Condenárona a dous anos de cadea por bandolerismo armado.
As sentenzas foron as de condena á pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Villanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefa González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Tamén procesaron outros enlaces.
O xuízo foi unha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) o día 21/11/1956 por mor de falta de coidados médicos. O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.
A Clementina condenárona a dous anos de prisión menor, que cumpre no penal de Segovia.
Despois marchou a Donostia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.