Nacemento:
Morte:
Mestra, 20 anos. Casou pouco antes do remate da guerra civil con Fernando Huerta. Veciños de Valencia. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Valencia.
Militante do PCE de Valencia desde 1937 e da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT).
Encarcerada.
Co seu home e outras persoas tentaron reorganizar o PCE valenciano na clandestinidade. Despois de duros interrogatorios o seu home tentou suicidarse e asasinárono a tiros.
Procesárona no ano 1939 no Tribunal Militar Territorial de Valencia.
Nese ano 1939 ingresou na cadea en Valencia e daba a luz; puxérona en liberdade o,12/07/1940 e fuxiu cara Madrid, onde se relacionou coa organización do PCE. Alí contactou e colaborou con José Bartrina Villanueva, facendo tiraxes clandestinas de Mundo Obrero e El Guerrillero, e co que se trasladou á Coruña en setembro de 1947 por orde do partido; semella que estaban unidos sentimentalmente.
No Bar Barlovento da Coruña, o día 10/10/1948, arrestaron a: Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; Josefa González Cudeiro; José Rodríguez Campos e os axentes de enlace José Ramos Díaz e Juan Martínez Montero. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García. A Bartrina e a Carmen Orozco tamén os prenderon.
Ao secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e á súa compañeira María Blázquez del Pozo, detivéronos ao día seguinte.
Xulgada o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez.
As sentenzas foron as seguintes penas de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Vilanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefa González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a: Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Ademais procesaron a outros enlaces.
O xuízo converteuse nunha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) o día 21/11/1956 por mor de falta de coidados médicos.
Carmen Orozco, condenada a 30 anos, pasou polas cadeas da Coruña, Segovia (decembro de 1948), Valencia, outra vez Segovia e Alcalá de Henares (Madrid).
O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.
A Carmen puxérona en liberdade condicional o día 09/10/1960 e en liberdade definitiva o 09/10/1965.
Fixou a residencia en Valencia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.