Nacemento:
Morte:
Militar, 33 anos.
Militante da UXT.
Voluntario nas Milicias Rojas e ex-tenente do exército na República.
Traidor, e confidente da Garda Civil, infiltrado na guerrilla.
Infiltrado. Axustizado.
Detido polos franquistas en setembro de 1937, procesado e condenado a reclusión perpetua, saíndo en liberdade condicional en febreiro de 1943; domiciliouse en Vigo (Pontevedra), onde semella que comeza a traballar ao servizo da Garda Civil.
Conseguiu infiltrarse nun grupo guerrilleiro de Pontevedra a primeiros de 1947, descoñecéndose as vías de entrada. Semella que foi o axente infiltrado que, en maio de 1947, colaborou e conduciu á morte en San Paio, Santa Cristina de Lavadores, Vigo, a Avelino Otero Montes e a Manuel Simón Campos, nesta acción tamén capturaron a Ramón Villar Paz, a Eladio Covelo Álvarez e a tres apoios.
No verán de 1947 trasladouse á zona de Ferrol (A Coruña) e comeza a traballar en Astilleros y Talleres del Noroeste (Astano) o día 25/08/1947 por recomendación do tenente coronel, destinado na Coruña, Juan Luque Arenas. Alí adícase a coñecer os entrabados de enlaces e redes do PCE e pretende infiltrarse na guerrilla a través de Manuel Vázquez Rodríguez, ex-combatente republicano, que fora cabo no batallón de Mora García.
Sería o asasino do garda civil Manuel Camiña Sueiro, nunha suposta proba á que o someteron os guerrilleiros. Este asasinato prodúcese o día 12/09/1947 na estrada da Palma, en Santiago de Barallobre, Fene (A Coruña).
Alejo-Pablo continuou a traballar en Astano ata o 11 de outubro, cando se ditan varias requisitorias contra el por militancia comunista e por perigoso; albérgase en varios domicilios de enlaces en Ferrol, Mugardos ou Valdoviño.
En decembro de 1947 pasa ao monte da man de Juan-José Romero Ramos e despois dunha entrevista con Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Garabanza, incorporárono como membro do Destacamento Arturo Cortizas, aínda que baixo vixilancia pois xa sospeitaban del.
Alejo era membro do Servizo de Información da Garda Civil (SIGC) e infiltrouse no Comité Rexional do PCE en Galicia. Despois de que aparecera pola bisbarra de Ferrol e aínda que os guerrilleiros pronto sospeitaron del, tivo tempo de pasar moita información á Garda Civil sobre moitos puntos de apoio á guerrilla na Coruña e en Astano. Pola súa información a Garda Civil atopou as covas dos guerrilleiros e obrigaron a uns veciños de Xavariz a carga, nun carro, de todo o que nelas se atopaba.
Descuberto como infiltrado cando entregaba unha carta, en decembro de 1947, a guerrilla axustizouno nas veiras do Eume. Executado por José-Antonio Castro López, Tucho, na Cortiña de Ruibal, de dous tiros na cabeza e por orde de Xan de Xenaro.
O seu cadáver apareceu en Soaserra o día 05/01/1948.
Tivera tempo de descubrir redes, enlaces, tobos e persoas dabondo. Grazas á súa información prenderon 48 enlaces da guerrilla, aos que xulgaron na Coruña o día 21 de outubro de 1948, na causa 40/48. A información acadada dos enlaces conduciu, máis tarde, a descabezar ao Comité Rexional do PCE en Galicia e ás detencións de Antonio Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.