Nacemento:
Morte:
Mecánico, 19 anos. Veciño de Mugardos (A Coruña). Mecánico en Fene (A Coruña).
Militante do PCE e creador do Comité de Unión Nacional Española (UNE).
Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Mobilizado de xeito obrigado polos franquistas, desertou das tropas sublevadas no Jarama e participou na defensa de Madrid co exército republicano e prendérono os franquistas no ano 1939.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid, nese ano 1939, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua en Madrid.
Interno na prisión de Carabanchel (Madrid), regresou a Limodre no ano 1945 e traballou en Astilleros y Talleres del Noroeste (Astano) ao saír da cadea e militou no PCE e na Unión Nacional Española (UNE).
Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, Abegondo (A Coruña) á que acudiron: Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros. Nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente Peña Terrassa pasou a formar o Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico. Tamén se atopaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue e Francisco Paz Fornos.
Botouse ao monte na primavera de 1946 e incorpórase á guerrilla, actuando como responsable político, xefe militar e enlace-animador dos grupos guerrilleiros de Lugo e converteuse nun dos máis caracterizados homes do antifranquismo galego.
O día 23/04/1947 a partida de Adolfo-Cipriano Allegue axustizou ao alcalde de Vilarmaior, o falanxista Antonio Riveira Ponte, Riveiriña, en represalia pola morte de Manuel Ponte Pedreira, Xastre. Un dos guerrilleiros identificados neste atentado foi Xan de Xenaro.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de asasinato de Antonio Riveira e atraco a man armada na causa 252/47.
Xefe militar do Destacamento Segundo Vilaboy da IV Agrupación do EGG, que dirixía Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante.
Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Gregorio Doñate Martínez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de atraco a man armada, na causa 1/48, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Despois da desfeita de 1948 refuxiouse na Serra do Xistral, no norte da provincia de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo asasinato de Guillermo Novo Fernández, na causa 120/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
A finais de xuño de 1949 agochábase, cos restos do Destacamento Segundo Vilaboy, nunha cabana entre matogueiras no Forcón. Este lugar arrodeouno a Garda Civil o día 21/06/1949.
A Celia González Pernas, Celia da Ferraría, abatérona no enfrontamento coa Garda Civil no Forcón nos primeiros momentos do enfrontamento do 21 de xuño. Alertados polos tiros, Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, xefe do destacamento, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, saíron da cabana e pronto acabaron mortos. Quedaban dentro do refuxio José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, quen contestaron ao ataque e os represores incendiaron a cabana con bombas de man e finaron entre as lapas os últimos do destacamento.
Acubillábanse nunha cova que lle delataran á Garda Civil; eran do grupo de José Temblás Paz, Temblás, mozo de Celia e que aquel día non se atopaba na zona.
Por mor destes pasamentos abriuse a causa 221/49 en Lugo por morte de bandoleiros, que rematou con sentenza de sobresemento segundo resolución do día 25/06/1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.