← Volver atrás

Clavero de la Iglesia, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Madrid 1919

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Barbeiro, 17 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Fillo de Rafael Clavero García, encarcerado. Irmán de Rafael Clavero de la Iglesia, paseado; David Clavero de la Iglesia, tamén paseado, e Tomás Clavero de la Iglesia, desaparecido.

Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Fuxido co seu pai Rafael Clavero García despois do asasinato dos seus irmáns David e Rafael o día 30/08/1936.

Detido polos fascistas no ano 1939 cando se agochara no seu domicilio.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol en 1940 polo delito de auxilio á rebelión militar, na causa 827/37, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Como se demostra a súa minoría de idade penal na data da apertura do sumario, conmútaselle pola pena de seis anos de prisión correccional menor.

Pasou por batallóns disciplinarios de soldados traballadores penados (BDSTP).

Puxérono en liberdade atenuada á espera da súa incorporación a filas.

Entre 1941 e 1942 foxe de novo e incorpórase á guerrilla antifranquista, onde acaba morrendo antes do remate da década dos corenta.

Algúns investigadores sinalan que finou nas accións do Forcón, A Pena Grande, Santo Estevo de Silán, Muras (Lugo) o día 21/06/1949, no lugar de José Pedreira de la Iglesia, Queimarán.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha