← Volver atrás

Clavero García, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Madrid
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tipógrafo, 49 anos. Casado con Rogelia de la Iglesia Martínez, da Igrexa Evanxélica. Veciños da rúa María, 90, en Ferrol (A Coruña). Pais de Rafael Clavero de la Iglesia, paseado; Manuel Clavero de la Iglesia, encarcerado, David Clavero de la Iglesia, tamén paseado, e Tomás Clavero de la Iglesia.

Militante do PSOE e da UXT.

Encarcerado.

Despois do asasinato dos seus fillos David e Rafael fuxiu co seu fillo Manuel.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 827/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Interno nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (Madrid), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 230 do día 18/08/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha