← Volver atrás

Romero Jiménez, Diego

Alcume: Blanco
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Ferrol. Traballador da construción naval ferrolá.

Militante do PCE.

Encarcerado.

Tiña carné de Falanxe Española de Sevilla.

A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente Peña Terrassa formaron o Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén estaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche e Francisco Paz Fornos.

A finais de 1946 serviu de apoio na reorganización do partido na Coruña a Alejandro Gama Casalderrey, que se desprazara en outubro dese ano de Pontevedra á Coruña con tal encargo do partido.

A Diego Romero nomeárono membro do Comité Provincial do PCE na Coruña e enlace do Comité Rexional. Era quen lle achegaba a Gama Casalderrey os exemplares de Mundo Obreiro, Galicia e El Guerrillero que logo Alejandro distribuía polo resto das células do partido.

Detido pola Policía Armada a finais de decembro de 1946 ou primeiros de 1947. O día 03/01/1947 trasladárono á Dirección Xeral de Seguridade en Madrid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha