Nacemento:
Morte:
Militar, 32 anos. Casado con María de la Luz Díaz Rascado. Veciños de Narón (A Coruña). Mariño da Armada, suboficial da Infantería de Mariña en Ferrol, condestable da Armada.
Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 tirou ao mar os peches dos sistemas de tiro do seu barco para evitar que se bombardeara aos mineiros asturianos en folga.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Fiel á II República, os golpistas tivérono preso no barco prisión Plus Ultra e obrigárono a loitar na súa mariña durante a guerra civil.
Formou células clandestinas no Cuartel de Nosa Señora dos Dolores de Ferrol, onde se instalaba o Terzo Norte da Infantería de Mariña e grupos de Unión Nacional Española (UNE) e do PCE.
Juan González Martínez, Perucho, constituíu en Ferrol o Comité Comarcal da UNE, que dirixiu co mallorquino Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Horacio Pozo Lozano, de Ferrol, era secretario de organización; Gerardo López Chas, secretario de propaganda; Víctor Martínez, secretario sindical e Genaro Fernández, secretario de xuventude. O seu principal labor era o de axudar aos presos.
A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente pasou a formar no Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén estaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Paz Fornos.
En 1946 foxe despois dunha caída de enlaces en Ferrol e pasa á guerrilla.
Membro do Destacamento Manolito Bello, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), do que foi comisario político.
No Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de acción desenvolvíase en Ordes e A Coruña.
Máis adiante foi un dos oficiais militares e comisario político do Destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do EGG e da formación teórica a través do órgano Senda Guerrilleira. O grupo que comandaba, con Francisco Barcia Martínez, como xefe militar, incendiou a Casa do Concello de Moeche (A Coruña) o día 17/08/1948.
O Tribunal Militar Territorial da Coruña encartouno por atraco a man armada na causa 457/48, na causa 458/48 e na causa 482/48.
Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.
Refuxiado na casa da familia Teiga en San Mamede de Zas, Negreira (A Coruña), fuxiu e abatérono as forzas da Garda Civil que os cercaran en Paramos, cando fuxían para o monte Madorra; morreu con Manuel Pena Camino e José-María Castelo Mosquera; tamén morreu con eles a moza Manuela Teiga N., sobriña da dona da casa onde se agochaban. Na casa de Zas xa morrera a súa compañeira de grupo Carmen Temprano Salorio. O compañeiro Manuel Ramiro Souto foi o único que logrou chegar ata Ordes.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Paramos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.