Nacemento:
Morte:
Tiña 12 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
A súa familia foi duramente perseguida polos franquistas.
Desertou do exército golpista no Castelo da Palma, en Ferrol (A Coruña), no ano 1947, con José-Antonio Castro López, Tucho; escaparon con catro fusís e munición e incorporáronse á guerrilla antifranquista.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo asasinato do garda civil Manuel Camiña Sueiro, na causa 461/47, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
José Vilariño sería responsable do Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) desde 1948.
Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de atraco a man armada, na causa 1/48, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito intento de asasinato, na causa 74/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de terrorismo, na causa 91/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
As autoridades franquistas acusárono de dúas execucións na zona de Ferrol (unha a de Manuel Camiña), do incendio dun chalé e dun camión da empresa Calvo Sotelo.
No ano 1949 o seu grupo acompañou ao secretario do PCE en Galicia, Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, na xira de reorganización polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo; nesta viaxe acompañábaos tamén José Felpeto Gómez.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de atraco a man armada, na causa 579/48, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Morreu o día 16/04/1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Vila da Igrexa. Con el finaron outros dous membros do Destacamento Eive-Carbón: Perfecto Castro Martínez, Tereso, José Felpeto Gómez e un enlace. Tamén faleceu no combate o garda civil Ramón Pérez Casas.
Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Ferrol incoou a causa 133/49 por choque entre a Garda Civil e bandoleiros, na que se ditou sentenza de sobresemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.