Nacemento:
Morte:
Político, 34 anos. Veciño de Fene (A Coruña). Estivo emigrado en Cuba.
Na II República foi dirixente das Xuventudes Socialistas (XXSS) en Fene.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Logo do triunfo da sublevación militar de 1936 e de loitar contra os militares que se achegaban de Ferrol cara Pontedeume (A Coruña), escapou ao monte.
Agocháronse nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
Fuxido no monte desde 1946, acadou fama de home asisado e experto a conta de sobrevivir a todas as redadas que trazou a Garda Civil e polo seu ollo para detectar infiltrados.
En 1946 era o xefe do Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.
Non quixo fuxir no Santa Teresa. Tiña un amor en Santa Mariña de Sillobre, Fene (A Coruña) e non o quería deixar. Dispoñía dunha ampla rede de enlaces e puntos de apoio.
En maio de 1947 a Garda Civil detén en Sillobre a Segundo Vilaboy Martínez; na mesma casa durmía Paco, quen escapou polos pelos. Nomeárono de xeito interino xefe político e militar da zona de Ferrol.
En setembro de 1947 a guerrilla mata en Barallobre ao garda civil Manuel Camiña Sueiro. As forzas da orde culpan a Paco pero el, na realidade, opúxose a esa acción.
Coa falta de apoio internacional para a guerrilla (Estados Unidos e Inglaterra apoiaban a Franco), a Garda Civil infiltrou homes na guerrilla para anular enlaces e colaboradores. Semella que é un deses infiltrados o que acaba, a tiros, coa vida de Paco en outubro de 1947. Outros manteñen que o tiroteou a Garda Civil en outubro de 1947.
Apareceu morto, con dous tiros na cabeza e metido nun saco, no río Grande de Xuvia, en San Lourenzo de Doso, Narón (A Coruña) o día 22/10/1947. Pasara once anos no monte.
Outras persoas afirman que a Paco da Casanova e a José Vázquez Mauriz, Patitas, elimináronos os propios guerrilleiros por orde de Francisco Rey Balbís, Moncho.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.