← Volver atrás

Martínez López, Ramiro

Alcume: Zapateiro de Laraxe
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

O Areal, Santo André de Cabanas,Cabanas
(A Coruña)
- 05/04/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Político, 33 anos. Veciño do Peón, San Mamede de Laraxe, Cabanas. Cuñado de Manuel Rodríguez Pérez, Galán.

Militante da CNT, prendérono en xaneiro de 1934 por participar nunha reunión cenetista clandestina en Neda (A Coruña).

Logo da vitoria da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 elixírono concelleiro e síndico de Cabanas pola FP. Vogal do Consello Local de 1ª Ensinanza, membro da Comisión de Facenda, membro da Comisión de Cemiterios e da Comisión de Feiras e Mercados.

Tiña como compañeiros na Corporación de Cabanas de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Buhigas Novo, asasinado; José-María Saavedra Sardiña, encarcerado; Juan Pereiro Maceiras, asasinado; Nicolás Sánchez Marín, encarcerado; Juan Eiroa Sánchez, encarcerado, Álvaro Puentes Antón (alcalde), asasinado; Evaristo Eive Vilar, exiliado.

Fuxido. Encarcerado.

Escapou ao monte coa sublevación do 36 e aglutinou aos outros fuxidos da zona do Eume. Botouse ao monte co alcalde Álvaro Puentes Antón e co concelleiro Evaristo Eive Vilar. Formou na partida de José Vázquez Mauriz, Patitas.

Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.

Compañeiro de Juan Anca Arnoso. Na primavera de 1944 organizou con Manuel Eive Vilar, Evaristo Eive Vilar, Ramiro Carbón Fornos, Carbón, o Lagoa, e José Vázquez Mauriz, Patitas, un grupo guerrilleiro na comarca do Eume no que moitos dos integrantes eran desertores da Base Naval de Ferrol. Entre eles estaba Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor.

Neste grupo actuaba como enlace Juan Ares López, que foi un dos primeiros coordinadores e aglutinador dos novos grupos guerrilleiros do Eume.

No seu grupo integrouse tamén Ramón Fraga Couceiro, que moitas veces actuaba pola súa propia conta, esquilmando os veciños para comprar un barco co que fuxir a Francia.

Logo, no ano 1945, Ramiro integrouse no Destacamento Santiago Álvarez, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

Refugou pasar ao exilio no ano 1946 e o cerco policial levouno a desertar da guerrilla en 1947, entregándose ás autoridades en Pontedeume (A Coruña). Ao non denunciar a ninguén tivo que volver ao monte. Rematou tolo e adicouse a meter medo a todas as persoas de conviccións relixiosas da zona. Detivérono os represores o día 10/05/1951.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), o día 24/04/1952, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Indultárono e saíu do presidio en liberdade condicional no ano 1957.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.