← Volver atrás

Valeiro Gómez, Jesús

Alcume: Antonio, Calias
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Fiz de Vixoi, Bergondo
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vixoi
- 05/12/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 22 anos. Compañeiro de María Amado Otero, que era axente de enlace da guerrilla.

Militante do PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do triunfo da sublevación militar ocultouse no monte.

Presentouse ás autoridades na Casa de Reclusión da Coruña o día 25/06/1940. Incorporárono ao Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica na Coruña e o día 21/03/1941 e destinárono ao Batallón Disciplinario de Soldados Traballadores nº 25 (BDST) de Meluza, Tetuán (Protectorado de Marrocos). Permaneceu neste batallón ata que o licenciaron o día 13/02/1942.

Regresou á súa casa o día 29/06/1946. Ao ter noticias de que a dous veciños os prenderan por complicidade cos guerrilleiros botouse ao monte en 1946.

Militante do PCE.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 520/46 polo delito de roubo a man armada.

Xefe militar do Destacamento Santiago Álvarez do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas. Movíanse polas zonas de Betanzos, Miño, Abegondo, Curtis e Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña.

Dende 1947 foi comisario político do Destacamento Enrique Líster da IV Agrupación do EGG, substituíndo a Francisco Rey Balbís, Moncho, cando este asumiu a xefatura da IV Agrupación. As súas comarcas de actuación eran Betanzos e A Coruña.

Neste destacamento estiveron Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José-María Díaz Pan, Jaime; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina; Francisco Rey Balbís, Moncho e Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias.

Xulgado en consello de guerra na Coruña na causa 329/47 por rebeldía.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 589/47 polo delito de roubo.

A súa dona participou en agosto de 1948 no tiroteo de Beldoña, San Tirso de Mabegondo, Abegondo (A Coruña), onde feriron a Carmen Temprano Salorio.

Xulgado en consello de guerra na Coruña na causa 266/50 por auxilio a bandoleiros.

Agochado desde 1949 na súa terra na compaña da súa moza, delatouno un parente político (que herdou así os bens da María) e morreu nun enfrontamento armado coas forzas represivas preto da súa casa familiar en Vixoi. Antes conseguira arranxar os papeis da súa moza, que marchou para Madrid.

Valeiro Gómez era un dos pioneiros da resistencia antifranquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.