Nacemento:
Morte:
Outras fontes din que naceu no barrio dos Castros, na Coruña.
Carpinteiro, 18 anos. Veciño do barrio dos Castros, na Coruña. Fillo de Carmen Pan Rioboo, encarcerada. Irmán de José-María Díaz Pan, Jaime.
Afiliado ao Sindicato Único do Ramo da Construción, da CNT coruñesa.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Participou na guerra civil co exército sublevado e ao seu remate afiliouse ao PCE.
Incorporouse á guerrilla en maio de 1946, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, dentro do Destacamento Manuel Botana, que dirixía o propio Xastre e do que foi comisario político.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Juan Couto Sanjurjo, Simeón; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.
Tamén pertenceu ao Destacamento Santiago Álvarez.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de asasinato na causa 205/46 e na causa 271/46.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.
O día 26 de xuño de 1946 sería un dos sete superviventes do ataque da Garda Civil contra o Destacamento Santiago Álvarez en Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga (A Coruña), onde morreron Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López, Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don. Con el fuxiron Benigno Andrade García, Foucellas; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete, e Pedro Calvete Brea.
Incorporouse ao Grupo volante A Mariña.
Pertenceron a este grupo volante Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.
Formando parte deste grupo volante, o día 18/01/1946 participou na execución de Manuel Doval Lemat, Coché, xunto con Manuel-Luis Bello Parga, Francisco Rey Balbís, José Pedreira de la Iglesia, Antonio Seoane Sánchez, Amador Domínguez Pan.
O día 16/01/1947 Benigno Andrade García, Foucellas; José Blanco Núñez, Ferreirín; José Remuiñán Barreiro e Manuel Díaz Pan, entran na casa de Antonio Mosquera Aller, en Queirúa, Santa María de Leira, Ordes (A Coruña), para exixir a entrega dunha pistola. As cousas revólvense e morreron Mosquera Aller e o seu veciño Manuel Sánchez Quindimil.
Por mor dunha delación e cando se preparaban para atacar en Ordes, a Garda Civil cercounos no Fontao o día 21/04/1947 e el morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Pintor, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano. Lograron fuxir da celada Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Juan Couto Sanjurjo, Simeón.
Morte rexistrada por mor de feridas de arma de fogo.
Soterrárono no cemiterio de Abellá.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.