Nacemento:
Morte:
Albanel, 11 anos. Veciño de Santa María de Vilachá, Monfero (A Coruña). Solteiro. Fillo natural de Dolores Ramiro Santos e sobriño de Josefa Ramiro Santos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
No ano 1945 pertencía dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, ao Grupo Volante A Mariña, dirixido por Francisco Rey Balbís, Moncho.
Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, Martín, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.
Estivo no Destacamento Santiago Álvarez.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Logo pasou ao Destacamento Manolito Bello, da IV Agrupación do EGG.
No Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de acción desenvolvíase en Ordes e A Coruña.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela (A Coruña) na causa 546/48.
Cando se refuxiaban na casa da familia Teiga, en San Mamede de Zas, Negreira (A Coruña), descubriunos a Garda Civil o día 05/03/1949; alí morrería Carmen Temprano Salorio. Souto logrou fuxir e chegou a Ordes (A Coruña).
Abatido pola Garda Civil xunto con José Galán Núñez, nun enfrontamento en Visantoña o día 22/06/1952, cando os gardas arrodearon a cuadra dunha casa onde se agochaban baixo a protección económica dun veciño. A morte produciulla un tiro na cabeza. Nesta celada prenderon a Juan Couto Sanjurjo, Simeón.
Soterrado sete días despois da súa morte en San Martiño de Visantoña.
Segundo fontes da súa familia, semella que foi Couto Sanjurjo o que os delatou ás forzas represoras franquistas; Couto quería deixar a guerrilla.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.