← Volver atrás

Galán Núñez, José

Alcume: o Dereito, Miguel
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Alvedro, San Xián de Almeiras, Culleredo
(A Coruña)

Morte:

San Martiño de Visantoña, Mesía
(A Coruña)
- 22/06/1952 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Solteiro. Veciño de Alvedro.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Facía o servizo militar en Lugo e a falta de tres meses para licenciar, desertou e integrouse na guerrilla antifranquista.

Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García, Foucellas.

Estivo no Destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

José Galán foi comandante xefe do Destacamento As Mariñas, co que participou no incendio da casa do concello de Abegondo (A Coruña) en xullo de 1948. Tamén participou no enfrontamento de Paramos de 1949 e noutro en San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña) en 1951; estivo agochado en Oza-Cesuras (A Coruña), de onde pasou a Betanzos (A Coruña) e logo a Mesía.

O día 13/10/1949 participou na sanción económica a Marcial Patiño Patiño en Tarrío, Santo Estevo de Culleredo.

Abatido pola Garda Civil xunto con Manuel Ramiro Souto, Souto, nun enfrontamento en Visantoña o día 22/06/1952, cando os gardas arrodearon a cuadra dunha casa onde se acubillaban baixo a protección económica dun veciño. A morte produciulla un tiro na cabeza. Nesta celada prenderon a Juan Couto Sanjurjo, Simeón.

Soterrado sete días despois da súa morte nunha fosa común na parte posterior da igrexa de San Martiño de Visantoña.

Segundo fontes familiares de Galán, semella que foi Couto Sanjurjo o que os delatou ás forzas represoras franquistas; Couto quería deixar a guerrilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.