Nacemento:
Morte:
Tiña 19 anos. Irmán de Manuel Couto Sanjurjo, encarcerado. A súa irmá Evangelina Couto Sanjurjo tamén estivo na cadea e logo marchou para Venezuela. A outra irmá, Pura, desterrárona.
Fuxido. Encarcerado.
Actuou como enlace e, ao ser descuberto pola Garda Civil, botouse ao monte en 1944 e incorporouse ao grupo de Benigno Andrade García, Foucellas.
En xaneiro de 1946 pertencía ao Destacamento Manuel Botana, que dirixía Manuel Ponte Pedreira, Xastre.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Juan Couto Sanjurjo, Simeón; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.
Participou no asalto a un tren cargado de armamento na liña Coruña-Santiago de Compostela.
Reclamado e xulgado en consello de guerra en setembro de 1946 en Santiago de Compostela (A Coruña) na causa 672/46.
Colaborou con Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, nas operacións que desarmaron ao Somatén (corpo para-policial) da Baña (A Coruña). No seu grupo tamén se integrou Carmen Temprano Salorio.
Nunha refrega o día 06/12/1946 con veciños de San Cosme de Oíns, Arzúa (A Coruña), ferírono e perdeu a vista do ollo dereito polo rebote dunha bala.
Logrou escapar con Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, do enfrontamento de Fontao do día 15/05/1947, onde asasinaran a Manuel Ponte Pedreira, Xastre; Manuel Díaz Pan, Rogelio, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.
Tamén escapou da caída da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Cando capturaron o día 09/03/1952 en Costa, Burricios, Santa María da Regueira, Oza dos Ríos (A Coruña) a Benigno Andrade García, Foucellas, el atopábase enfermo e oculto noutro lugar, o que lle permitiu escapar.
Detido en San Martiño de Visantoña, Mesía (A Coruña) o día 22/06/1952, despois de que os seus dous compañeiros, Manuel Ramiro Souto, Souto, e José Galán Núñez, Dereito, Miguel, morreran resistindo á Garda Civil, que arrodeaba a casa onde se acubillaban. Segundo fontes familiares de Manuel Ramiro, Couto quería deixar a guerrilla e delatou aos seus compañeiros.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 06/07/1953 por formar parte de partidas armadas (acusado, entre outros cargos, de participar no asasinato do cura de San Salvador de Viós, Abegondo (A Coruña)), na causa 128/52, co resultado de sentenza á pena de morte e conmutada pola de cadea perpetua.
Na Prisión Provincial da Coruña coincidiu con Benigno Andrade García, Foucellas. Internárono tamén por cinco anos en El Dueso, Santoña (Cantabria), tres anos en Alcalá de Henares (Madrid), pasou polos penais de Carabanchel (Madrid) e Guadalaxara.
A Juan puxérono en liberdade en 1963 e instalouse na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.