Nacemento:
Morte:
Tiña 8 anos.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Chegou a Galicia con Florentino Menéndez Palacio a finais de 1946, fuxindo dunha caída do PCE na zona asturiana.
Membro do Destacamento Manuel Botana, un dos catro grupos da IV Agrupación (A Pasionaria) do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Manuel Ponte Pedreira, Xastre.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Juan Couto Sanjurjo, Simeón; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.
No ano 1945 pasou polo refuxio da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), na casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia. Ía acompañado de Ramón Fraga Couceiro, Parará; andaban a buscar cartos para pagar un barco no que poder fuxir.
Por mor dunha delación a Garda Civil cercounos en Fontao o 21/04/1947 e morreu no enfrontamento coa Benemérita xunto con Manuel Ponte Pedreira e Manuel Díaz Pan. Lograron fuxir da celada Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio, e Juan Couto Sanjurjo.
Nalgunhas fontes figura como Manuel Rodríguez Gundín.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.