Nacemento:
Morte:
Funcionario e carpinteiro, 29 anos. Casou con María Allegue Ferraces; tiveron catro fillos. Veciños de Pontedeume. Inspector de arbitrios.
Fuxido. Axustizado.
Despois do triunfo da sublevación militar fuxiu e botouse ao monte no ano 1936.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de insulto ás forzas armadas, na causa 060/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
En agosto de 1941 procesárono por responsabilidades políticas.
Enlace da guerrilla na zona de Lugo. Despois dunha incursión en 1945 regresou á comarca do Eume e adoptou unha dobre actitude: actuou como guerrilleiro no grupo de José Vázquez Mauriz, Patitas, e Ramiro Martínez López, Zapateiro, e realizou atracos pola súa conta (semella que esquilmaba aos veciños da Capela para comprar un barco co que fuxir a Francia). As fontes din que era simpático e que roubaba aos ricos para repartilo entre os pobres.
En 1945 pasou polo refuxio da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), na casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia; ía acompañado de Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano; andaban a buscar cartos para pagar un barco no que poder fuxir.
O xefe de Falanxe de Ombre (Pontedeume), José Calvo Fonte, José de Benito, colaborou no paseo de Antonio Manso Fernández, o Carpinteiro dos pobres, a quen prenderan en xaneiro de 1937 e executaron no cemiterio de Santa María de Ombre, Pontedeume. En vinganza por este asasinato, segundo as testemuñas, a guerrilla executouno a tiros en 1945. O atentado cometérono Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, e Ramón Fraga Couceiro.
As súas actividades motivaron a súa eliminación pola propia guerrilla no monte Marraxón, en Sillobre no inverno de 1945 por cometer roubos. O seu corpo atopouse no monte Marraxón o día 17/01/1946.
Procesárono por atraco na causa 354/45, na causa 362/45, na causa 434/45 e na causa 445/45.
Curiosamente as redes de enlaces que estableceu resultarían as máis seguras e permanecerían intactas para a Policía Armada ata o ano 1952.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.