← Volver atrás

Manso Fernández, Antonio

Alcume: o Carpinteiro dos Pobres
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado. Sancionado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Ombre, Pontedeume
- 14/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 46 anos. Veciño de Cabría Nova, Ombre.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Concelleiro de Pontedeume en 1924 e 1925. Membro da Sociedade Labrega de Cabría, Ombre e os seus lugares. Vicario da Confraría de Santo Antonio de Padua de Ombre.

Fuxido. Paseado. Sancionado.

Acusado de ser un dos instigadores da resistencia republicana na vila de Pontedeume contra o golpe dos militares rebeldes.

Cando se produce o golpe sedicioso foxe ao monte e permanece agochado en varias casas propiedade da súa familia; fuxiu con outro acusado de instigación, Francisco Fernández Varela, Farruco.

Detivérono o día 13/01/1937 e trasladárono ao cemiterio de Ombre. A súa detención e a de Farruco tiveron a súa orixe na denuncia do xefe da Falanxe de Ombre, José Calvo Fonte, José de Benito, ao que logo axustizou a guerrilla no ano 1945, segundo as testemuñas, en vinganza por entregar a Antonio. O grupo dos falanxistas asasinos era o dirixido por Nicolás Pardo Armas.

Morte rexistrada no cemiterio de Ombre, onde o torturaron e asasinaron.

Ábreselle un expediente por responsabilidades políticas, no ano 1941, co resultado dunha multa de 200 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha