← Volver atrás

Pardo Armas, Nicolás

Alcume: Pasiego, Cubano
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 18/11/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 28 anos. Veciño de Pontedeume (A Coruña). Emigrou a Cuba co seu pai, pero a Nicolás expulsárono da illa caribeña no ano 1931 por delitos de corrupción.

Falanxista. Camisa Vella.

Represor.

Xefe local de Falanxe en Pontedeume no ano 1936.

Despois do golpe militar foi un verdugo e delator para o que só primaban os seus propios intereses. Integrouse e dirixiu un grupo de milicianos que se adicaban a exixir diñeiro e xoias, ademais doutras actividades represoras.

O día 7 de agosto de 1936, cun grupo de falanxistas, prendeu a Manuel Prado Allegue, asesor do Concello de Pontedeume, ao que rematarían por darlle o paseo o seguinte día 18.

Na data do 19 de agosto de 1936 os falanxistas, acompañados nesta ocasión pola Garda Civil, asasinaron na praia de Bañobre, Miño (A Coruña) á mestra María Vázquez Suárez.

No día 13/01/1937, co seu grupo de falanxistas, prenderon ao carpinteiro de Ombre, Pontedeume, Antonio Manso Fernández, ao que pasearon ao día seguinte.

O noso protagonista estivo involucrado noutros paseos e irregularidades de tipo económico cometidas nas terras do Eume.

Nos primeiros meses de 1937 ingresou na Lexión para desligarse dos procedementos e denuncias que pesaban sobre a súa persoa.

Polos seus feitos delituosos expulsárono da Falanxe en xaneiro de 1938, aínda que seguiu vestindo a camisa azul sen autorización.

Xulgárono en consello de guerra e condenárono a cadea perpetua, que remataron por conmutarlle pola de 15 anos de prisión. En setembro de 1939 xa estaba en liberdade condicional.

Foi un dos 35 falanxistas coruñeses que participaron, neste ano 1939, no traslado a ombreiros de Alacante ao Escorial dos restos de José Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia.

En novembro de 1940 casou en Laxe (A Coruña) con Eduarda Posse Orro; non tiveron fillos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha