Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 33 anos. Falanxista. Fillo primoxénito do ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja, quen gobernara España de 1923 a 1930 e irmán de Miguel Primo de Rivera Sáenz de Heredia, Pilar Primo de Rivera Sáenz de Heredia e de Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e licenciouse en 1922. Amigo de Ramón Serrano Suñer e de Raimundo Fernández-Cuesta Merelo.
En marzo de 1930 participou no proxecto político da Unión Monárquica Nacional (UMR), con José Calvo Sotelo, e reivindicou a defensa da ditadura do seu pai. Non conseguiu escano nas eleccións de 1931. Detido como sospeitoso de colaboración no intento de golpe de Estado do xeneral José Sanjurjo Sacanell, a "Sanjurjada" de agosto de 1932, librouse sen cargos.
Creou con Julio Ruiz de Alda Miqueleiz e con Rafael Sánchez Mazas o Movemento Español Sindicalista (MES), que sería o embrión de Falanxe Española (FE), movemento político de carácter fascista. Falanxe fundouse o día 29/10/1933 en Madrid, José-Antonio chegou a lexitimar o exercicio da violencia na defensa da Patria "la dialéctica de los puños y las pistolas". Íntimo amigo de Antonio Goicoechea Cosculluela, fundador de Renovación Española (RE) e co que colaborou politicamente.
A este partido falanxista tamén se uniu o seu amigo persoal Juan Yagüe Blanco.
Nas eleccións de novembro de 1933 conseguiu un escano por Cádiz, integrado nunha coalición conservadora-monárquica. O día 04/03/1934 fusionou Falanxe Española coas Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (XONS) de Onésimo Redondo Ortega e Ramiro Ledesma Ramos e en 1935 era o xefe único de FE de las XONS. Buscou o apoio dos fascismo italiano e mantivo contacto con militares españois para promover a insurrección.
A finais de 1934, principios de 1935, redactou o seu plan do posible Goberno que sairía da insurrección, formado principalmente por falanxistas e no que contarían con carteira Francisco Franco Bahamonde, Emilio Mola Vidal e Ramón Serrano Suñer. Nesta insurrección tamén se implicaría a José Sanjurjo Sacanell e a José Moscardó Ituarte. Estes plans nunca contaron con apoio suficiente. Logo recorreu a Franco, xefe do Estado Maior Central, quen escorreu o tema. Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 comezaron outras tramas rebeldes dos militares, nas que se ignorou a Falanxe.
Nas eleccións de 1936 a esquerda aglutinouse na FP e a dereita na Fronte Nacional (FN). Falanxe concorreu en solitario. Ese mesmo ano a FP declarou ilegal a Falanxe como "responsable de desórdenes públicos", entre eles o asasinato do catedrático de Dereito, Luis Jiménez de Asúa, por dous mozos falanxistas; os tribunais revogaron esta medida. A José-Antonio castigárono a cinco meses de arresto por tenencia ilícita de armas e tiña unha causa pendente por ameazas ao tribunal. Ingresou no cárcere Modelo (Madrid) o día 14/03/1936 e máis tarde trasladárono a Alacante. Na súa ausencia nomearon xefe provisorio de Falanxe a Manuel Hedilla Larrey.
Preso en Alacante escribiu unha misiva, a finais de abril, dirixida aos oficiais do Exército na que facía un chamamento á sublevación, "ha sonado la hora de que vuestras armas tienen que entrar en juego". Desde maio mantiña correspondencia co xeneral Mola. Falanxe seguía contando pouco; os rebeldes tamén estaban en contacto cos monárquicos, a Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) e os carlistas. Desde o Bloque Nacional, Calvo Sotelo, parecía arrebatar a Falanxe o título de fascista.
O día 26 de xuño escribe a membros do seu partido para que estean preparados para a sublevación e se poñan aos mandos das autoridades que van rebelarse. O día 13 de xullo envía unha carta a Mola pedíndolle que acelere a sublevación, misiva que se cruzou con outra de Mola na que se fixaba a data do alzamento. O día 17 do mesmo mes redactou un manifesto no que expresaba a participación sen reservas de FE na sublevación.
Axustizado.
Cando o 18 de xullo se produce o golpe de Estado e seguía preso en Alacante, preparáronse varios plans de fuga. O golpe fracasou en Valencia e Alacante e iso frustrou os intentos de liberalo.
Nos últimos catro meses da súa vida comezou a propugnar o fin das hostilidades e a reconciliación e o 4 de agosto propuxo un plan para poñer fin a guerra. O plan rechazárono os republicanos, que entendían que os alzados non o aceptarían.
Houbo varias tentativas de troque, entre eles o do propio fillo do presidente do Goberno Francisco Largo Caballero; sen voto do presidente, o executivo rechazou a proposta. Tamén se desenvolveron accións de comando para liberalo, pero todos fracasaron. Largo Caballero permitiu a execución, o que provocou a dimisión do seu ministro Mario Ruiz-Funes García.
O día 03/10/1936 comezou o sumario contra del e do seu irmán Miguel Primo de Rivera Sáenz de Heredia, baixo a acusación de conspiración e rebelión militar. O día 17/11/1936 condenárono á pena de morte e a Miguel á de cadea perpetua.
A súa execución tivo lugar o día 20 de novembro de 1936.
Na zona nacional a súa morte ocultouse durante dous anos; así Franco podía manexar mellor a Falanxe. Franco e José-Antonio nunca tiveron boas relacións e sempre se sospeitou que os facciosos nunca fixeran o suficiente para liberalo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.