← Volver atrás

Primo de Rivera Sáenz de Heredia, Pilar

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Madrid
- 04/11/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 17/03/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Política, 28 anos. Falanxista. Filla do ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja, quen gobernara España de 1923 a 1930 e irmán de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, Miguel Primo de Rivera Sáenz de Heredia e de Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia.

En 1933 ingresou en Falanxe Española (FE), partido creado polo seu irmán José-Antonio, quen nun principio era contrario á súa afiliación. O día 12/07/1934 organizou a Sección Feminina de FE, que en xullo de 1936 contaba con 2500 afiliadas.

Golpista.

Cando comezou a guerra civil achábase en Madrid e logrou pasar a Salamanca, seguindo á fronte da Sección Feminina, acadando as 60.000 afiliadas. Con José-Antonio preso, en setembro de 1936 elixiron a Manuel Hedilla Larrey xefe provisorio de FE. Pilar formou na facción dos “lexitimistas” contrarios a Hedilla, con Agustín Aznar Gerner, Sancho Dávila e Fernández de Celis e Rafael Garcerán Sánchez.

Na primavera de 1937 os rebeldes consideraron que os partidos da zona rebelde debían unificarse; Francisco Franco Bahamonde era o máis interesado na unificación de falanxistas, carlistas e monárquicos. Os “camisas viejas” e Hedilla eran contrarios á desaparición de FE. Pilar, que por entón se achaba en Galicia, tamén era contraria a esta unión. Cando se promulga o Decreto de Unificación do 19/04/1937 Pilar recomendou a Hedilla que se resistira. Pouco despois Franco nomeouna delegada nacional da Sección Feminina. Pilar e Raimundo Fernández-Cuesta Merelo eran “camisas viejas”.

Formou parte do Consello Nacional de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS).

Despois do remate da guerra civil seguiu aumentando a súa parcela de poder, reforzando a Sección Feminina. No ano 1941, co seu irmán Miguel, escribiu a Franco queixándose da situación de FE, que pensaba que debía de ter máis poder no Réxime. Franco reaccionou diante da queixa nomeando ao xeneral Valentín Galarza Morante, furibundo antifalanxista, como ministro de Gobernación, provocando moitos ceses e dimisións.

Desde 1941 Pilar mantivo moitos contactos coa Alemaña nazi, converténdose de facto nunha embaixadora dos nazis en España e opúxose á retirada da División Azul en novembro de 1943.

Nunca cuestionou o poder do Xeneralísimo diante da domesticación de Falanxe e nunca foi quen de criticar a traizón de Franco aos principios xoseantonianos. Mantívose como xefa da Sección Feminina ata a morte do ditador e cesouna Adolfo Suárez González na primavera de 1977.

Sempre reivindicou o papel da “muller submisa”, que debía estar sometida ao home por mor da maior intelixencia dos varóns.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.