Nacemento:
Morte:
Político, 31 anos.
Falanxista. Curmán de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia. En 1933 designárono para expandir Falanxe Española (FE) por Sevilla e Cádiz e, pouco despois, era xefe territorial de FE en Andalucía.
En maio de 1936 arrestárono as autoridades republicanas nunha redada contra os círculos falanxistas e acusárono de relación con actos de terrorismo e axitación violenta dos escuadróns de Falanxe. A José-Antonio e aos líderes do partido xa os arrestaran cando se ilegalizara a FE en marzo de 1936.
Pasou polas prisións de Cádiz, Sevilla, Vitoria (Araba) e, finalmente, o cárcere Modelo de Madrid, onde o sorprende o golpe de Estado.
Encarcerado. Golpista.
Axudado pola legación cubana en Madrid pasou á zona rebelde desde a prisión. Despois da execución de José-Antonio, uniuse a Agustín Aznar Gerner para fortalecer o liderado de Falanxe, liderando a facción dos “lexitimistas”, que se opoñían a Manuel Hedilla Larrey, xefe da Xunta de Mando Provisorio.
Converteuse no principal líder falanxista en Andalucía. Na loita que comezou no partido, o día 16/04/1937 formou un triunvirato con Agustín Aznar e José Moreno Díaz contra Hedilla. Este logrou retomar o poder. Francisco Franco Bahamonde intervén no conflito e, co Decreto de Unificación do 19/04/1937, establece o partido único Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS), baixo o seu exclusivo control, eliminando a ameaza de FE contra o seu poder. A Davila encadeárono, ao igual que a Aznar, aínda que tres semanas despois puxérono en liberdade grazas á intervención de Gonzalo Queipo de Llano Sierra e Joaquín Miranda González.
Debido as súas malas relacións con Franco non desenvolveu cargos de responsabilidade ata 1938, ano no que moitos pro-nazis ascenderon dentro do partido. Xefe da Fronte de Xuventudes por ser un dos validos de Ramón Serrano Suñer.
Procurador nas Cortes franquistas e, de 1952 a 1954, presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Finou na Cidade Sanitaria Francisco Franco en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.