← Volver atrás

Galarza Morante, Valentín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

El Puerto de Santa María
(Cádiz)
- 22/04/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 09/06/1952 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 54 anos. Ingresou na Academia Xeral Militar de Toledo aos 20 anos e, en 1906, na Escola Superior de Guerra en Madrid, na que se licenciou en 1911 co grao de capitán.

Cando se proclama a II República non simpatizou co réxime. Partidario de José Sanjurjo Sacanell, participou na "Sanjurjada" de agosto de 1932. Fundador da ultradereitista e clandestina Unión Militar Española (UME), encargouse de recrutar altos cargos militares, repartir propaganda e manter infiltrados na Policía Armada, traballos polos que cobraba unhas 5000 pesetas ao mes. Era amigo persoal de Francisco Franco Bahamonde e o seu enlace coa UME; acadara o grao de tenente coronel.

Golpista.

O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada. Nesta reunión estaban: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola UME. Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis.

O Goberno republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz Yoldi en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.

Destinado no Ministerio de Guerra en Madrid, tivo un papel fundamental na preparación do golpe definitivo, servindo de enlace entre varios xenerais rebeldes. Cando comezou a guerra civil achábase en Madrid e prendérono os republicanos e mantivérono na cadea ata o día 09/02/1939, data na que o liberaron as tropas rebeldes.

Ao remate da guerra civil destinárono ao cuartel xeneral de Franco e ascendérono a coronel. De tendencias antifascistas e filiación monárquica, mostrouse crítico cos falanxistas pola súa crecente influenza. Hostil con Ramón Serrano Suñer, o "Cuñadísimo", quen era partidario dos nazis; Galarza era proclive aos aliados.

En 1941 Franco nomeouno para a carteira de Gobernación, que estaba vacante pero controlada polos serranistas. Houbo unha cascada de dimisións e ceses; comezou unha purga de cargos afíns a Serrano en toda a Administración. Cando se produce o atentado falanxista en Bilbao en agosto de 1942, Galarza e Varela Iglesias pediron o cese de Serrano Suñer. Franco cesou ao seu cuñado o día 03/09/1942, pero para que se soubese quen mandaba, cesou tamén a Galarza Morante e a Varela Iglesias.

Acadou o grao de xeneral e, entre 1943 e 1946, foi procurador nas Cortes franquistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.