Nacemento:
Morte:
Militar, 61 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1893. En 1928 acadou o grao de xeneral de división.
Pouco despois da proclamación da II República ocupou o mando da I División Orgánica en Madrid. No Goberno de Alejandro Lerroux García nomeárono comandante da V División Orgánica, en Zaragoza, cargo que ocupou entre febreiro de 1935 e xaneiro de 1936. Vogal da Sala Militar do Tribunal Supremo.
Golpista. Axustizado.
O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arando, 19, en Madrid. Nesta reunión participaron: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola Unión Militar Española (UME). Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O Goberno republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.
Mola planeou que a sublevación de abril en Madrid estivese a cargo dos xenerais Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi e Miguel García de la Herrán Martínez. A organización da trama da capital deveu nun caos desde os seus inicios. Villegas era o encargado de tomar o mando da I División Orgánica, pero mostrouse dubitativo e renunciou a liderar a sublevación. Sería Fanjul o que se fixo cargo.
Despois do fracaso rebelde na capital do Estado, a Villegas prendérono e ingresárono na cárcere Modelo, en Madrid.
Na noite do 22 ao 23 de agosto de 1936, milicianos anarquistas armados asaltaron a prisión e provocaron a "Matanza de la prisión Modelo", na que axustizaron a 28/30 líderes políticos das dereitas, entre eles os políticos Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco Escolar e Manuel Rico-Avello García de Lañón, e os falanxistas Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia e Julio Ruiz de Alda Miqueleiz. O líder falanxista Raimundo Fernández-Cuesta Merelo, salvouse, igual que Ramón Serrano Suñer. Tamén executaron aos xenerais Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.