Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 61 anos. Licenciado en Dereito.
No reinado de Alfonso XIII militou no Partido Liberal (PL) e foi deputado e senador.
Despois da proclamación da II República obtivo acta de deputado polo Partido Agrario Español (PAE) nas Cortes Constituíntes de 1931; opoñíase ao laicismo, á disolución das ordes relixiosas e ao embargo dos seus bens, pois o fin era, segundo el, "descatolizar a España". Tamén se opuxo ao divorcio e á igualdade dos fillos nados dentro e fóra do matrimonio.
En 1933 elixírono novamente deputado e sería vicepresidente das Cortes. Ministro sen carteira no Goberno de Alejandro Lerroux García do día 04/10/1934 ao día 03/04/1935. Logo ministro de Industria, Comercio e Agricultura no Goberno de Joaquín Chapaprieta Torregrosa desde o día 25/09/1935 ao día 29/10/1935 e ministro de Estado, tamén con Chapaprieta, desde o día 29/10/1935 ata o día 14/12/1935.
No cumio da súa carreira política, o día 10/12/1935 o presidente da República Niceto Alcalá-Zamora Torres propúxolle o cargo de presidente do Consello de Ministros, cargo do que desiste e recibe a carteira de Estado no executivo de Manuel Portela Valladares, que desenvolveu desde o día 14/12/1935 ata o día 30/12/1935.
Axustizado.
Ao declarase a guerra civil prendérono os milicianos republicanos e levárono preso ao cárcere Modelo (Madrid).
Na noite do 22 ao 23 de agosto de 1936 milicianos armados asaltaron a prisión e provocaron a "Matanza de la prisión Modelo", na que axustizaron a 28/30 líderes políticos das dereitas, entre eles aos políticos Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco e Manuel Rico-Avello García de Lañón, e aos falanxistas Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia e Julio Ruiz de Alda Miqueleiz. Tamén executaron aos xenerais Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes. O líder falanxista Raimundo Fernández-Cuesta Merelo salvouse.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.