Nacemento:
Morte:
Avogado, notario e político, 39 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid.
Amigo persoal de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, co que colaborou na fundación de Falanxe Española (FE) a finais de 1933. Despois da unión coas Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (XONS), en 1934, converteuse no secretario xeral do novo partido.
Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse por Xaén, pero non obtivo acta de deputado. Despois da detención de José-Antonio na primavera de 1936, converteuse no líder do partido.
Encarcerado. Colaboracionista.
Detido o día 08/07/1936 nunha nova redada contra a estrutura falanxista.
Cando deu comezo a guerra atopábase preso no cárcere Modelo (Madrid). Na noite do 22 ao 23 de agosto prodúcese o asalto da prisión por milicianos armados que deu lugar a chamada "Matanza de la prisión Modelo".
A pesares de ser un destacado líder de FE, non chamou a atención dos asaltantes e salvou a vida. A outros destacados falanxistas, como Julio Ruiz de Alda Miqueleiz ou Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia, executáronos. Tamén mataron os políticos: Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco Escolar e Manuel Rico-Avello García de Lañón. O mesmo ocorre cos xenerais: Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes. A Fernández-Cuesta trasladárono á prisión de Alcalá de Henares (Madrid).
Ao longo de 1937 mantivéronse conversas para trocalo; a finais dese ano as autoridades republicanas acordaron trocalo por Justino de Azcárate Flórez, diplomático republicano ao que tiñan preso na zona nacional desde comezos da sublevación. O Goberno republicano mostrouse favorable ao intercambio na esperanza de que, sendo un "Camisa Vella" fora quen de procurarlle problemas a Francisco Franco Bahamonde.
Despois do Decreto de Unificación do 19/04/1937, Franco nomeouno secretario xeral de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS), cargo no que o substituíu a finais de 1939 Agustín Muñoz Grandes. En contra do que se esperaba, mostrouse dócil diante de Franco e de Ramón Serrano Suñer, non manifestando ningún amago de rebeldía. Desenvolveu cargos de importancia no Goberno franquista (ministro, embaixador). A súa lealdade garantiulle non quedar excluído do reparto de poder.
A partires de xaneiro de 1945 dirixiu o Consello de Estado. En 1956 quedou afastado da primeira liña política e designárono procurador en Cortes, cargo que mantivo ata 1977, cando as disolveron. Continuou á fronte de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) ata 1983.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.