Nacemento:
Morte:
Militar e aviador, 38 anos. Casou con Amelia Azarola Echeverría, que era sobriña do almirante Antonio Azarola Gresillón. Veterano da Guerra de Marrocos. En 1922 uniuse á recentemente creada Aviación Militar Española. Acompañou a Ramón Franco Bahamonde no vo do Plus Ultra o que lle acadou grande popularidade.
Falanxista.
Despois da proclamación da II República sentiuse atraído pola extrema dereita e a ideoloxía fascista. Con José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia e Rafael Sánchez Mazas fundou o Movemento Español Sindicalista (MES) que o día 29/10/1933 daría lugar a creación de Falanxe Española (FE).
A primeiros de 1934 FE fusiónase coas Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (XONS) que dirixen Onésimo Redondo Ortega e Ramiro Ledesma Ramos, dando lugar ao partido FE e das XONS, liderado por José-Antonio, Ruiz de Alda e por Ledesma.
Por mor de que a súa dona era alumna do profesor Juan Negrín López mantivo amizade con el; José-Antonio tentou atraer para a súa causa a Negrín, pero o profesor sempre rechazou esta proposta.
Nas eleccións de 1936 presentouse como candidato por Santander (Cantabria) pero non obtivo acta de deputado, non acadou os 4000 sufraxios.
Detido en Madrid, no seu despacho, o día 14/03/1936, no marco da operación policial que desmantelou a cúpula de FE, quedou recluído no cárcere Modelo, onde coincidiu, entre moitos outros, con Raimundo Fernández-Cuesta Merelo.
Axustizado.
Na noite do 22 ao 23 de agosto de 1936, milicianos armados asaltaron a prisión provocando a "Matanza de la prisión Modelo", na que axustizaron a 28/30 líderes políticos das dereitas, entre eles os políticos Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco Escolar e Manuel Rico-Avello García de Lañón, e os falanxistas Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia e o propio Ruiz de Alda. O líder falanxista Raimundo Fernández-Cuesta Merelo, salvouse, igual que Ramón Serrano Suñer. Tamén executaron aos xenerais Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.