← Volver atrás

Sánchez Mazas, Rafael

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Colaboracionista

Nacemento:

Madrid
- 18/02/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 18/10/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e escritor, 42 anos. Licenciado en Dereito. No ano 1922 o diario ABC destinouno a Roma, onde permaneceu ata 1929 e onde cubriu o proceso fascista. Cando volveu a Madrid formou parte do grupo de literarios que, coas reunións do café Lión, se colocou do lado de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia.

Con José-Antonio e Julio Ruiz de Alda Miqueleiz fundou, en 1933, o Movemento Español Sindicalista (MES) que o día 29/10/1933 daría lugar a creación de Falanxe Española (FE), directiva da que formou parte. Un dos ideólogos do fascismo español, que tivo un papel moi activo antes da guerra civil.

En marzo de 1936 prendérono con outros dirixentes falanxistas.

Encarcerado. Colaboracionista.

Cando se atopaba preso no cárcere Modelo (Madrid), obtivo un permiso para coñecer ao seu fillo e aproveitouno para fuxir a Portugal. O propio José-Antonio obrigouno a regresar.

Cando comeza a guerra civil está en Madrid; detivérono e liberárono pola intervención de Indalecio Prieto Tuero, refuxiándose na embaixada de Chile.

No outono de 1937, de xeito clandestino, escapou cara Francia pero detivérono en Barcelona o día 29/11/1937 e ingresárono no buque prisión Uruguai ata o día 24/01/1939, data na que o conduciron ao santuario de Santa María del Collell, Sant Ferriol (Xirona) con outros presos, para executalo. O día 30 de xaneiro escapa do fusilamento en masa e, coa axuda de tres soldados republicanos fuxidos, acada a zona nacional.

Entre agosto de 1939 e agosto de 1940 foi ministro sen carteira nun dos gobernos franquistas; abandonou o cargo por decisión propia.

Membro da Real Academia Española (RAE) aínda que non chegou a tomar posesión.

As súas andaduras basearon a obra da Javier Cercas, Soldados de Salamina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha