Nacemento:
Morte:
Militar, 57 anos. Casou en 1906 con María-Dolores Guzmán Palanca (Cuba); tiveron catro fillos e unha filla: José, Miguel, María, Carmelo e Luis. Veciños de Toledo. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1896. Veterano da Guerra de Marrocos, onde en 1913 era comandante por méritos de guerra. Ascendido a coronel no ano 1929, que acadou de xeito definitivo en 1932.
Coa proclamación da II República, en maio de 1931 anulóuselle o ascenso, que volveu recuperar no ano 1932. Durante a vixencia da República dirixiu a Escola de Ximnasia da Academia de Infantería do Exército en Toledo.
Golpista.
O golpe militar sorprendeuno como director da dita escola de ximnasia e como comandante militar de Toledo. Encabezou a sublevación nesta cidade e, arrodeado por forzas gobernamentais chegadas de Madrid, fíxose forte no Alcázar de Toledo. O asedio durou ata o 27 de setembro, cando os liberou o Exército de África, que mandaba o xeneral José-Enrique Varela Iglesias. O xeneral Francisco Franco Bahamonde adiara o avance sobre Madrid para liberalo.
Logo deste episodio, ascendérono a xeneral de brigada. Mandou a División Soria franquista, logo numerada como a 53ª División. En setembro de 1937 os franquistas designárono xefe do Corpo de Exército de Aragón, co que rompeu as liñas republicanas en decembro de 1938 e avanzou por Cataluña cara a fronteira con Francia. En febreiro de 1939 ascendérono a xeneral de división.
Responsable, cun forte corpo armado, de repeler a Invasión do Val de Arán.
Ocupou altos cargos no réxime franquista: xefe da Casa Militar do Xefe do Estado (1939-1943), xefe das Milicias de FET e das JONS (1941), capitán xeneral da II Rexión Militar (Andalucía) e da IV Rexión Militar (Cataluña), delegado nacional de Deportes (1951-1956), presidente do Comité Olímpico Español, procurador nas Cortes franquistas...
Ao día seguinte da súa morte ascendérono a capitán xeneral de xeito honorífico.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.