Nacemento:
Morte:
Mestra, 41 anos. Veciña de Miño. Estuda Maxisterio na Escola Normal da Coruña e rematou no ano 1913. Mestra nacional con destino en 1913 a escola de nenas da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e de 1918 a 1929 na Escola nº 1 de nenas de Miño.
En 1933 fúndase a Agrupación Socialista (AS) de Miño; María formou parte da comisión organizadora con Abelardo López Varela, quen logo fuxiu a Francia na lancha motora La Golondrina o día 31/08/1937. Foi vogal da directiva da Agrupación Socialista (AS) de Pontedeume (A Coruña) desde 1934, que presidía o despois alcalde no ano 1936, Manuel López Seijo, e da que era secretario Luis Nodar Castro; tamén figuraban Eduardo Fonte Amigo, Albino Couceiro, José-Antonio Fonte e José Losada. No ano 1933 afiliouse á Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT), da que foi vicetesoureira en 1935.
Paseada.
Detida na Coruña despois do alzamento e acusada de defender a escola laica e o amor libre.
Da Coruña trasladárona a Pontedeume, de onde a sacaron unha patrulla de dous gardas civís e dous falanxistas, un deles Nicolás Pardo Armas, para asasinala nunha praia de Bañobre, onde morre por mor de feridas de bala. Algunhas fontes manteñen que, antes de soterrala, os seus asasinos desposuírona das pertenzas que levaba con ela.
A súa casa saqueárona os franquistas e queimáronlle os libros.
Varias testemuñas fan culpable da violación e asasinato de María a Andrés Quintás, xefe da Falanxe en Miño. Existen dúbidas de que isto fora certo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.