← Volver atrás

Calvo Fonte, José

Alcume: José de Benito
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista. Represor. Axustizado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Falanxista. Xefe de Falanxe en Santa María de Ombre, Pontedeume.

Antes do ano 1935 era de esquerdas e incluso chegou a presidir o Sindicato de Labregos de Pontedeume; neste ano 1935 ingresou en Falanxe.

Procesárono en Pontedeume por berrar insultos contra Manuel Azaña Díaz.

Colaboracionista. Represor. Axustizado.

Participou como testemuña da acusación no procedemento contra Luis Nodar Castro, ex-concelleiro de Pontedeume polo PSOE e membro do Comité de Defensa da República.

Implicado no paseo de Antonio Manso Fernández, o Carpinteiro dos pobres, a quen arrestaran en xaneiro de 1937 e executaron no cemiterio de Ombre.

En vinganza por este asasinato, segundo as testemuñas, a guerrilla executouno a tiros en 1945; o atentado cometérono Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, e Ramón Fraga Couceiro, Parará.

No Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) abriuse a causa 383/45 para clarexar o seu asasinato.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha