Nacemento:
Morte:
Labrego, 52 anos. Veciño de Santa María de Ombre, Pontedeume.
Dirixente da Sociedade Labrega de Cabría, Ombre e os seus lugares. Directivo da Federación Labrega Comarcal.
Fuxido. Encarcerado. Sancionado.
Acusado de ser un dos instigadores da resistencia republicana na vila de Pontedeume fronte aos militares sublevados.
Escapou ao monte con Antonio Manso Fernández, o Carpinteiro dos pobres, ao que tamén acusaban do mesmo delito.
Andou fuxido e entregouse ás autoridades fascistas en abril de 1937, semella que por culpa da intervención do xefe de Falanxe de Ombre, José Calvo Fonte, José de Benito, a quen no ano 1944 axustizou a guerrilla. José de Benito tamén entregou a Antonio Manso Fernández.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 539/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 211 do día 30/07/1941.
Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas, en 1941, co resultado de imposición dunha multa de 400 pesetas. Indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.