Nacemento:
Morte:
Tiña 31 anos.
Militante do PCE.
Fuxido. Axustizado.
O seu alcume de Patitas debíase a que era coxo por mor dunha ferida de guerra.
Despois do triunfo da sublevación militar agochouse no monte desde 1936.
Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940. Vázquez Mauriz tiña gran predicamento entre todos eles.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Actúa como coordinador dos primeiros grupos guerrilleiros do Eume.
Na primavera de 1944 organizou con Manuel Eive Vilar, Evaristo Eive Vilar, Ramiro Carbón Fornos, Carbón, o Lagoa, e Ramiro Martínez López, Zapateiro, un grupo de guerrilleiros nas Fragas do Eume, no que se integraban uns 20 homes, a maioría desertores do exército franquista, entre eles Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor.
Xa coxo, ferírono no ano 1945 e curouno un médico de Pontedeume (A Coruña).
Pertencía á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); no seu mesmo grupo estaban Ramiro Martínez López e Jesús López Ardao, Someiro, e tiveron como enlace a Juan Ares López, Pallares.
Neste grupo integrouse tamén Ramón Fraga Couceiro, que moitas veces actuaba pola súa propia conta, esquilmando aos veciños para comprar un barco co que fuxir a Francia.
No ano 1945 tamén figuraba no Destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do EGG, que lideraba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Acusado de ser o autor, con Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, da execución do represor Esteban Cortizas Vilar, Bailarín, o día 23/01/1946. Realmente non participou Riqueche e os autores do atentado serían Vázquez Mauriz, Jesús López Ardao e Manuel Rodríguez Pérez, Galán.
Negouse a marchar a Francia no ano 1946, con outros fuxidos, no Santa Teresa.
Eliminado no ano 1951 por orde de Francisco Rey Balbís, Moncho, por defender a unidade de acción sen ter en conta a filiación política e por opoñerse a Moncho en moitas ocasións.
Outras fontes afirman que tamén Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova, finou axustizado por Francisco Rey Balbís, Moncho.
Segundo outras versións mataríano os seus compañeiros en 1947 por mor dunha violación que cometera.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.