Nacemento:
Morte:
Político. Casado. Veciños de Mugardos. Emigrado en Estados Unidos, onde foi bailarín e actuou en algunhas películas. Gustáballe bailar, de onde ven o seu alcume. Regresou a Mugardos no ano 1922, volveu marchar e instalouse de xeito definitivo na súa localidade. Tivo varias motoras de pesca.
Vicepresidente do Casino de Mugardos en xaneiro de 1936.
Falanxista.
Represor. Axustizado.
Miliciano falanxista de Mugardos, onde dirixe a represión fascista como xefe dos “balillas”.
Estes milicianos adicábanse a deter nos pobos aos "sospeitosos" e servíanse en moitos caos de menores uniformados ("balillas" ou "frechas") aos que lles daban armas, polo que resultaba moi perigoso atoparse con eles.
Xefe da Falanxe en Mugardos. Con Manuel Vázquez Fariña, delegado de Orden Público, foi o cerebro da crúa represión na vila de Mugardos nos primeiros meses da guerra civil e que lle custaron a vida a uns 30 veciños. Era moi cruel.
Concelleiro de Mugardos, destituiuno o gobernador civil en febreiro de 1944 “por conducta incorrecta e proceder agresivo contra unha xerarquía de Falanxe”.
Morreu o día 26 de xaneiro como consecuencia dun atentado do día 25/01/1946, ás 19:30/20:00, no Casino de Mugardos, onde se reunía a directiva. No atentado participaron tres guerrilleiros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG): José Vázquez Mauriz, Patitas, quen fixo os disparos; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, que aínda que o acusaron semella que non participou; fálase que tamén participou Jesús López Ardao, o de Someiro; a Garda Civil tamén implicou a Manuel Rodríguez Pérez, Galán. Disparáronlle seis ou sete tiros e morreu horas despois no Sanatorio do Carmen, en Ferrol.
Polos datos que se teñen desbótase a implicación de Riqueche e semellan indicar que os asaltantes foron Patitas, o de Someiro e Galán.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.