← Volver atrás

Vázquez Fariña, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Mugardos
(A Coruña)
- 11/12/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político. Traballaba na Sociedad Española de Construcción Naval (SECN) en Ferrol (A Coruña).

Afiliado ao Partido Republicano Radical (PRR) de Mugardos, fundado en 1935. Alcalde de Mugardos de agosto de 1935 ata xaneiro de 1936.

Represor.

Co golpe de Estado nomeárono alcalde e delegado de Orde Pública en Mugardos o día 23/07/1936.

Foi un dos principais responsables da represión franquista en Mugardos nos primeiros meses da guerra civil xunto con Esteban Cortizas Vilar, Bailarín, que lle custou a vida a uns 30 veciños. Sofre varios intentos de axustizamento por parte da guerrilla antifranquista e trasladouse a Madrid.

O gobernador civil destituíuno na alcaldía en agosto de 1937 e volveu tomar posesión deste cargo o día 10/09/1939.

No ano 1943 recibiuno Francisco Franco Bahamonde no Pardo para entregarlle ao ditador a medalla de ouro da vila de Mugardos.

O día 13/12/1948 os guerrilleiros Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Martínez Leira, Pancho, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) atentaron contra el e contra o falanxista Arsenio Muñiz Fernández, garda do porto de Mugardos de 40 anos, a quen asasinaron. Manuel logrou saír indemne ao fuxir polo patio do local.

Como represalia, o día 03/01/1949, finaron asasinados en Mugardos: José Fuentes Justo, Pitón; Florentino Iglesias Varela, Floro (cuñado de Francisco Martínez Leira, Pancho); Francisco Loureda Silvar, Pellejo, e Antonio-Francisco Martínez Ferro, Malayo, acusados de ser colaboradores da guerrilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha