← Volver atrás

Iglesias Varela, Florentino

Alcume: Floro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Catabois, San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 03/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 28 anos. Casado con Antonia Martínez Leira, encarcerada, e cuñado de Francisco Martínez Leira, Pancho.

Executado.

O día 13/12/1948 morre o falanxista Arsenio Muñiz Fernández nun atentado de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Martínez Leira, Pancho, contra o alcalde Manuel Vázquez Fariña, cando estaban nun bar de Mugardos (A Coruña). Vázquez Fariña foi quen de fuxir polo patio do local.

Como represalia o día 03/01/1949 as forzas da Garda Civil asasinaron no cemiterio de Catabois a: José Fuentes Justo, Pitón; Florentino Iglesias Varela, Floro; Francisco Loureda Silvar, Pellejo, e Antonio-Francisco Martínez Ferro, Malayo, acusados de ser colaboradores da guerrilla e na aplicación da Lei de Fugas.

Prendéronos uns días antes con outros comunistas mugardeses como: Román Ferrer Fernández, Antopas; Juan Carnero Casal; Manuel Pérez Prados, Parga, e Manuel Bello Cartelle, Xilguero.

Por mor destas mortes o Tribunal Militar Territorial de Ferrol iniciou a causa 6/49.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha