← Volver atrás

Loureda Silvar, Francisco

Alcume: Pellejo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Catabois, San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 03/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 29 anos. Veciño de San Vicente de Meá, Mugardos.

Encarcerado. Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 379/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

O día 13/12/1948 morre o falanxista Arsenio Muñiz Fernández nun atentado de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Martínez Leira, Pancho, contra o alcalde Manuel Vázquez Fariña, cando estaban nun bar de Mugardos. Vázquez Fariña foi quen de fuxir polo patio do local.

Como represalia, o día 03/01/1949, asasinaron en Catabois: José Fuentes Justo, Pitón; Florentino Iglesias Varela, Floro (cuñado de Pancho); Francisco Loureda Silvar, Pellejo, e Antonio-Francisco Martínez Ferro, Malayo, acusados de ser colaboradores da guerrilla e en aplicación da Lei de Fugas.

Prendéranos uns días antes con outros comunistas mugardeses como: Román Ferrer Fernández, Antopas; Juan Carnero Casal; Manuel Pérez Prados, Parga, e Manuel Bello Cartelle, Xilguero.

Por mor destes asasinatos abriuse a causa 6/49 no Tribunal Militar Territorial de Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha