Nacemento:
Morte:
Labrego, 24 anos. Veciño de Regoela. Irmán de Manuel Vilar Pazos, fuxido no Santa Teresa; Saturnino Vilar Pazos, agochado no seu domicilio ata 1947; Jesús Vilar Pazos, desaparecido; María Vilar Pazos, represaliada por axudar aos seus irmáns e Leocadia Vilar Pazos, represaliada tamén por axudar aos seus irmáns. Curmán de Antonio Vilar Pereira, tamén fuxido no Santa Teresa.
Fuxido.
Despois do triunfo da sublevación militar ocultouse no monte.
Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
Xulgado en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Juan enfermou por mor dunha ferida, e aínda que o curou o médico da Cruz do Pouso, Xuvia, Santa María de Neda, Neda (A Coruña), morreu no ano 1943. Foi o seu irmán Manuel quen fixo a súa propia caixa e enterrárono nunha chousa dos Eive Vilar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.