← Volver atrás

Anca Arnoso, Juan

Alcume: Juan do Campo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Xabariz, Santa Olaia de Soaserra, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 28 anos. Fillo de José Anca Sardiña, a quen deportaron a León en represalia pola fuxida do seu fillo. Juan era curmán de Maruja Arnoso Anca, a muller de Antonio Vilar Pereira.

Fuxido. Exiliado.

Escapou ao monte despois do alzamento militar rebelde.

Na súa casa chegou a vivir un garda civil coa fin de detectar os movementos dos fuxidos; aínda que outros gardas que así estiveron cometeron barbaridades, este era boa persoa.

Agocháronse nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.

Compañeiro de Ramiro Martínez López, Zapateiro.

En 1946 entregouse con José Eive Vilar. Segundo a súa curmá Maruja, ao entregarse non sufriu represalias.

Cando o puxeron en liberdade sufría presións dos guerrilleiros para que se unira a eles e marchou para Francia para arredarse da guerrilla. Logo pasou a Bos Aires (República Arxentina).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha