← Volver atrás

Otero Paz, Celestino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Xavariz, Santa Olaia de Soaserra, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 27 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Irmán de Florentino Otero Paz, Floro, tamén encarcerado.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe dos rebeldes fuxiu ao monte no ano 1936 e entregouse antes de que deportaran ao seu pai, Juan Otero.

Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.

Internárono no Castelo de San Felipe, en Ferrol, co seu irmán Florentino.

Cando os deixaron en liberdade, as forzas públicas seguiron a desconfiar de Florentino.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de deserción (causa contra varios mozos do trozo de Ferrol por non se ter presentado a filas) co resultado de sentenza de catro anos de recargo no servizo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha