← Volver atrás

Vilar Pazos, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Lousada, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro. Irmán de Juan Vilar Pazos, fuxido e morto no monte en 1943; Saturnino Vilar Pazos, agochado no seu domicilio ata 1947; Jesús Vilar Pazos, desaparecido; María Vilar Pazos, represaliada por axudar aos seus irmáns e Leocadia Vilar Pazos, represaliada tamén por axudar aos seus irmáns. Curmán de Antonio Vilar Pereira, fuxido coma el no Santa Teresa.

Fuxido.

Despois do triunfo da sublevación militar, agochouse no monte. O seu irmán Juan enfermou por mor dunha ferida, e aínda que o curou o médico da Cruz do Pouso, Xuvia, Santa María de Neda, Neda (A Coruña), morreu no ano 1943. Foi o seu irmán Manuel quen fixo a caixa e enterrárono, clandestinamente e na noite, nunha chousa dos Eive Vilar, que tamén andaban fuxidos.

Fuxido ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).

Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha