Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 24 anos. Veciño de Celeiro.
Militante da CNT e membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro. No ano 1936 era vogal do Sindicato Pesqueiro de Celeiro.
Fuxido. Exiliado.
No momento do golpe fascista do 36 participou na resistencia republicana, fuxiu ao monte e formou parte dos grupos antifranquistas. Botouse ao monte con José Neira Fernández, o Neira.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1020/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No dito proceso condenaron á pena de morte (xulgado en varias causas) a Jesús Bellas Cao. Penas de cadea perpetua para: Agustín Casabella Frade, Leopoldo Fernández Ladra, Julián Gómez Salgueiro, Antonio Hermida Alonso, Manuel Lage Vieiro, Alberto Lamelas Fernández, José López Sánchez, Andrés Martínez Pérez e Francisco Prieto Amor. Castigos de 15 anos a: Rafael Casabella Frade, Andrés Cociña Sánchez, Salustiano Fernández Salgueiro, José Fernández Yáñez, Benedicto García Sánchez e Ramón Vilar Fernández. 12 anos e un día de cadea para: Hipólito Barja Barja e Francisco López Álvarez. Sentenzas de absolución a: José Álvarez Vizoso, Manuel González da Rocha, Enrique López Garrido, José Posada Abad, Gumersindo Rego Cajete, Bautista Sánchez García, Antonio Suárez Eijo e Antonio Vieira Canoura. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Francisco Gómez Núñez e Cándido Soto Gómez.
Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
O día 24/06/1937 participou en Viveiro no fracasado intento de asalto da tarrafa Nuestra Señora de los Dolores co obxectivo de fuxir á zona republicana.
Participaron nesta tentativa, entre outros, os veciños de Viveiro: Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; o seu irmán Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Tamén tomou parte o veciño de Celeiro (Lugo) Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad.
En 1942 afiliouse ao PCE.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polos asasinatos de José Fortunez Beceiro e José Mosquera Carro na causa 531/42.
Procesaron por estes axustizamentos, entre outras moitas persoas, a: Eugenio Bernal Pérez, Francisco Gómez Núñez, Jesús-María Iglesias Escourido, Josefa Iglesias Escourido, María Montouto Bastida, José Neira Fernández, Demófilo Pedreira Rumbo e Antonio Polo Iglesias.
Morto Neira, pasou á III Agrupación que comandaba Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, que opera nas terras de Melide (A Coruña) e A Ulloa (Lugo), e logo á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), co grupo de Leonardo Gómez Pérez, Trancas, no que tamén se atopaba José Chao Rouco, o Benita.
O día 01/02/1946 deixa Valero con cinco compañeiros (entre eles os militantes da UXT Jesús-María Iglesias Escourido e Benedicto Fuentes Díaz) para ir a Palas de Rei (Lugo). No medio día, despois dun encontro fortuíto coa Garda Civil, morre Benedicto e rematan con feridas Trotski e o Tizón.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito dun atraco en Moeche (A Coruña), na causa 351/46, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Foxe ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).
Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.
Logo residiu en Lyón, onde casa en 1957 con Isabel Valle Madroñal, e en Grenoble (Francia).
Algunhas fontes sinalan que morreu en Viveiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.