← Volver atrás

Bernal Pérez, Eugenio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Madrid
- 15/03/1923 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Montevideo
(Uruguai)
- 01/11/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fotógrafo, 13 anos. Cando tiña tes anos a súa familia trasladouse a Ferrol (A Coruña). Traballou en Astano.

Descoñécese a súa filiación política.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polos asasinatos de José Fortunez Beceiro e José Mosquera Carro, na causa 531/42.

Procesaron por estes axustizamentos, entre outras moitas persoas, a: Eugenio Bernal Pérez, Francisco Gómez Núñez, Jesús-María Iglesias Escourido, Josefa Iglesias Escourido, María Montouto Bastida, José Neira Fernández, Demófilo Pedreira Rumbo e Antonio Polo Iglesias.

Detido o día 17/12/1943 nunha redada da Policía Armada da que puideron escapar os seus compañeiros Leonardo Gómez Pérez, Trancas, e Antonio Molíns Valls, o Noi.

No ano 1953 marchou para Brasil e en 1956 a Montevideo.

Regresou a Ferrol no ano 1980. Detectáronlle un cancro de recto e en 1985 volveu a Montevideo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.