← Volver atrás

Montouto Bastida, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesada

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Viúva. Veciña da rúa do Cárcere, en Ferrol (A Coruña). Vendía tabaco de contrabando.

Procesada.

María era unha muller das esquerdas que colaborou coa guerrilla.

Xulgada en consello de guerra en Lugo polos asasinatos de José Fortunez Beceiro e José Mosquera Carro na causa 531/42.

Procesaron por estes axustizamentos, entre outras moitas persoas, a: Eugenio Bernal Pérez, Francisco Gómez Núñez, Jesús-María Iglesias Escourido, Josefa Iglesias Escourido, María Montouto Bastida, José Neira Fernández, Demófilo Pedreira Rumbo e Antonio Polo Iglesias.

O día 17/02/1943 Leonardo Gómez Pérez, Trancas, escapou con Antonio Molíns Valls, o Noi, dunha celada da Garda Civil no domicilio de María Montouto Bastida; os guerrilleiros viñan da Coruña. Tamén estaba con eles Eugenio Bernal Pérez, mozo da filla máis vella de María, Lolita. Eugenio presentouse ao día seguinte na comisaría premido pola súa nai e converteuse en confidente das novas forzas de orde público; polas súas delacións detiveron a máis de 100 enlaces da zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha