Nacemento:
Morte:
Estudante, 14 anos. Fillo de Manuel Pedreira Pazos, asasinado en agosto de 1936 polos fascistas. No ano 1942 estudaba medicina.
Militante do PCE na Coruña.
Fuxido. Exiliado.
Organizou unha célula comunista clandestina nun sanatorio da Coruña que pertencía a un familiar seu. En 1942 facilitou a operación de apendicite de Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco, coa axuda doutros comunistas.
Por medo a que o descubriran, fuxiu ao monte en agosto de 1942 e formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
Responsable de formación política e xefe dos oficiais de enlace na zona da Coruña e Ferrol.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polos asasinatos de José Fortúnez Beceiro e José Mosquera Carro na causa 531/42.
Procesaron por estes axustizamentos, entre outras moitas persoas, a: Eugenio Bernal Pérez, Francisco Gómez Núñez, Jesús-María Iglesias Escourido, Josefa Iglesias Escourido, María Montouto Bastida, José Neira Fernández, Demófilo Pedreira Rumbo e Antonio Polo Iglesias.
A finais de 1942 embarcou para Bos Aires (República Arxentina), segundo a versión da súa familia, onde estudou unha enxeñería especializada en pesca e conserva. No exilio casou con Irene Carratalá Crespo (madrileña); tiveron dous fillos: Manuel e Rafael.
No ano 1978 volveu a Galicia e buscou traballo nas empresas pesqueiras. Fracasou neste intento, pero ofrecéronlle a xerencia da filial dunha empresa pesqueira pontevedresa en Dalcahue, Los Lagos, en Chiloé (Chile).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.