← Volver atrás

Iglesias Vázquez, Jesús

Alcume: Muros, Pichel
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido

Nacemento:

Santa María de Galdo, Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 22 anos. Solteiro. Veciño de Galdo.

Encarcerado. Fuxido.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 20/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra polo Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 353/37, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Neste proceso acádanse as sentenzas de 20 anos de prisión para Vicente Sierra Salgueiro; a 15 anos condenaron a Jesús Iglesias Vázquez; condenas de 12 anos para: Luis Albo García, Mariano Pérez Prieto, Pedro Rego Rodríguez, Plácido Rivera Cociña e Daniel Rodríguez Rodríguez; sentenzas de absolución para: Antonio Alfonso González e Francisco-Celestino Parapar Díaz; declararon fuxidos a: Manuel Lamelas Fernández, Claudio Quelle Cociña e Manuel Rodríguez Lago.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 23/08/1940.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados franquistas.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgárono en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco a man armada, na causa 409/44, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 29/09/1944.

Xulgárono en consello de guerra en Lugo polo delito de pertenza a grupos de bandoleiros na causa 616/48.

Semella que morreu no monte.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.