Nacemento:
Morte:
Tiña 20 anos. Veciño de Viveiro (Lugo). Ingresa voluntario na Mariña en xuño de 1936. Mariño da Armada, mariñeiro do cruceiro lixeiro Almirante Cervera, do que desertou.
Fuxido. Exiliado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 659/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 15/09/1942.
Neste xuízo condenaron a prisión temporal a Demetrio Alonso González; declararon fuxidos a: Evaristo Candelas Pérez, José Castro Soto, Ramón Domínguez Gándara, José Fernández Formoso, Antonio Molins Valls, José Neira Fernández, Antonio Otero Rodríguez e Luis-María Trigo Chao. Tamén procesaron a: Ceferino Fernández Formoso, Enrique Fernández González, Amandino Neira Fernández e Leandro Sánchez Iglesias.
As vicisitudes polas que pasou a dotación do dito cruceiro e algúns civís que os apoiaron, pola súa lealdade ao Goberno legal de España, foron as seguintes:
Morreron na cadea o alférez de navío Francisco Martínez Doggio (morto nun bombardeo republicano sobre Ferrol); o cabo Jesús Suárez Martínez, 26 anos, e o mariñeiro José-María Alonso Roibal, 25 anos. Tamén morreu na cadea o electricista civil Manuel Rivera Herva, 18 anos.
O día 22/08/1936 fusilaron no Arsenal ao tenente de navío Luis Sánchez Pinzón, 29 anos e o día 28 do mesmo mes pasearon ao mariñeiro Ángel Caruncho Méndez.
Executaron na Punta do Martelo do Arsenal ás 19:00 horas do día 05/09/1936 a: os cabos Ramiro-Isidro Carrodeguas Castro, 32 anos; Gerardo Picallo Rodríguez, 23 anos; Paulino Rodríguez Gilabert, 25 anos; Eugenio Salgado López, 25 anos, e Ángel Sanz Serantes, 19 anos, e os mariñeiros Pedro Rodríguez Morelló, 20 anos, e Bernardino Vila Fraguela, 19 anos.
A Juan Miró Melón, fogueiro, executárono o día 15/09/1636.
Á civil Milagros Nidáguila Fernández, 20 anos, paseárona o día 23 de setembro.
O día 25 do mesmo mes asasinaron ao comandante do cruceiro, Juan-Sandalio Sánchez Ferragut, 53 anos.
Nese mesmo mes de setembro, o día 29, sacaron das prisións da Escollera e do Plus Ultra e pasearon no cemiterio de Canido a: os cabos Isidro Grandal Velo, 30 anos; Nicanor Martínez Fernández, 37 anos; Luis Martínez García, 22 anos; os fogueiros Eusebio Faramiñán Conde, 24 anos; Castor Portas Beltrán, 25 anos; Pío Rodríguez Bouza, 24 anos, e Daniel Varela Corral, 26 anos, e o mariñeiro Secundino Iglesias Tenreiro, 23 anos.
No Castelo de San Felipe, o día 09/01/1937, fusilaron ao soldador Francisco López Ardao, 42 anos.
O día 28 dese mes executaron ás 17:00 h no Arsenal a: os cabos Antonio Mirás Varela, 26 anos; Eduardo Rodríguez Rodríguez, 40 anos, e Antonio Romero Souto, 22 anos, e os mariñeiros do Cuartel de Brigadas de Instrución do Arsenal Higinio Bruey Sánchez e, 22 anos, e Juan Yáñez Santana, 19 anos.
Na data do 14/03/1939 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal a: o auxiliar 2º Manuel Barreiro Rey, 25 anos, e os mariñeiros Antonio Alcántara Mejía, 24 anos, e Manuel-Antonio López Iglesias, 27 anos.
Castigaron á pena de morte, despois conmutada pola de cadea perpetua, a: os civís Pablo Cancio Fernández, 48 anos, e Antonio Fernández Rodríguez, 30 anos; os cabos; Enrique Longueira Cendal, 24 anos, e Ángel Seijo Montouto, 26 anos; o fogueiro Agustín Rodeiro Cartelle, 28 anos, e o mariñeiro Ramón de la Peña Pazos, 22 anos.
Penas de cadea perpetua para: o 3º oficial artilleiro Félix Gómez Solano, 54 anos; os auxiliares 2º Antonio Bastida Pozo, 29 anos, e Amadeo Salgado Pérez, 32 anos; os cabos Francisco Martínez Ibáñez, 27 anos; Nicolás Ogando Toimil, 22 anos; Rafael Pagés García, 25 anos, e Arsenio Rivas Iglesias, 23 anos; o fogueiro Nicolás Pedreira Cruz, 23 anos, e os mariñeiros José Bustabad Lamagueiro, 21 anos; José-Joaquín Freire Román, 28 anos; Justiniano García García, 25 anos; Antonio Picos Calvo, 22 anos; Manuel Rodríguez Mouriño, 20 anos; Manuel Rodríguez Niebla, 24 anos; Antonio Seijo Rivero, 22 anos, e Enrique Vigo Teijeiro, 21 anos.
Ao civil Manuel Fernández Rodríguez, 27 anos, pena de 20 anos de cadea.
Pena de 12 anos e un día para o cabo José-María Cancio Gómez.
Condenas de dez anos para: os cabos Manuel Cendón Durán, 23 anos; Antonio Corbeira Rodríguez, 27 anos; Miguel Domínguez Gil, 24 anos; José Fernández Serrano, 22 anos; Manuel Franco Alegre, 24 anos; Ricardo Pego Rivas, 28 anos, e Francisco Ropero Viciedo, 25 anos.
Cadea por oito anos para: os cabos Jesús Cruz Cousillas, 21 anos; Fernando Lobo Martín, 26 anos; Sebastián Lozano Rojas, 27 anos; Rodolfo Murciano Riestra, 25 anos; Eduardo Rivas Fernández, 24 anos, e Lino Sánchez Bustelo, 23 anos; os mariñeiros José Martínez Diz, 21 anos, e Andrés Yáñez Fariña, 22 anos.
A seis anos de cárcere castigaron a: o auxiliar 2º Miguel Llanos Vaello, 32 anos; os cabos Plácido Cagiao Picado, 30 anos, e Francisco Izquierdo López, 26 anos; o fogueiro Julio Varela Penedo, 17 anos, e os mariñeiros Gilberto Segade Rosewarne, 23 anos, e Alfonso Verdeguer Sandoval, 20 anos.
Declararon fuxidos a: os cabos Nemesio Fernández Fernández; Antonio García Purriño; Domingo Lizuáin, e Eduardo Sánchez García, 24 anos; o fogueiro Marcelino Veiga López; e os mariñeiros Ricardo Alonso Paz, 26 anos; Evaristo Candelas Pérez, 20 anos; José-Antonio Franco Basanta, 16 anos; José López Fernández, 30 anos, e Antonio Molíns Valls, 24 anos.
Máis de 50 tripulantes obtiveron sentenza de sobresemento provisorio e deixáronos en liberdade; duns tres descoñécese o resultado da sentenza.
Evaristo desertou e quixo pasar ao Principado de Asturias con Antonio Molíns Valls, o Noi; Ramón Vizoso e Demetrio Alonso González.
Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo, Nene, e outros comunistas, operárono de apendicite nun hospital privado da Coruña; permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco.
O día 13/01/1946 participou con Leonardo Gómez Pérez o axustizamento do xefe de Falanxe de Viveiro (Lugo) Manuel-Pedro Trobo Rivera.
Fuxido ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).
Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.
Vivía en Paris cando o indultaron o día 15/06/1967.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.